Fotógrafos de Vodas
Cando unha parella decide casar, saben que as fotos do reportaxe da voda que van facer son importantes porque serán as que volverán ver despois dos anos e servirán para lembrar ese día inesquecible. Se buscas un reportaxe de voda orixinal e auténtica, aquí tes unha mostra dalgúns dos nosos reportaxes de voda.
Fotografamos emocións
Sabemos que as nosas cámaras deben captar todas as emocións que se viven ese día, por iso acompañamos á parella dende o minuto cero. Comezamos cunhas fotos de voda no lugar onde se visten os noivos, para despois pasar ao lugar da cerimonia onde inmortalizamos cada un dos momentos. Despois de facer as fotos da voda nos lugares escollidos, acompañámoste ao restaurante para non deixar atrás ningún dos momentos clave.
- Fotografías onde se visten os noivos
- Fotografía da cerimonia (relixiosa ou civil)
- Fotografía de exteriores
- Fotografía do banquete de voda e da festa
Algo importante é que procuramos pasar desapercibidos en todo momento, para que ninguén se sinta inhibido pola presenza das cámaras. Así conseguimos captar xestos naturais entre todos os asistentes á voda.