Sobre Cal3

CAL3 FOTOGRAFÍA & AUDIOVISUAL

Desde que en 1976 abríu as portas, Cal3 Fotografía é unha referencia en Redondela e comarca. Un exemplo de continuidade son as catro xeracións vinculadas á fotografía que fan da tradición familiar unha marca de calidade. Fotógrafos da Vila, pero tamén veciños, nun lugar de encontro e relación con quen nos visita. Profesionais na actividade diaria, pero formándonos sempre coas mellores ferramentas para ofrecer o mellor servizo. Colaborando na contorna, facendo exposicións, impartindo obradoiros ou asesorando as persoas interesadas na fotografía.

Desde 2017 formamos unha cooperativa de traballo asociado e incorporamos como nova liña de servizo a produción audiovisual. Os nosos traballos recollen a experiencia e a creatividade a partir das propostas e necesidades dos clientes. Facemos a narración en imaxe das historias que nos propoñan tanto as empresas como as persoas que teñen un produto, un motivo de celebración para recordar . Temos o pracer e a sorte de gozar co noso traballo.

A equipa de CAL3 Fotografía & Audiovisual


O que nos diferenza

CAL3 FOTOGRAFÍA EN DATOS

Estes son algúns dos datos que resumen a nosa traxectoria coma profesionais da fotografía e dos medios audiovisuais

0
Anos na profesión
0
Xeracións
0
+
Clientes satisfeitos
0
+
Disparos de cámara

Rúa Alfonso XII, 10
36800 · Redondela
Pontevedra

Luns - Venres:
9:30-13:30 e 17:30-20:00h

¿Estás buscando un

Estudio de Fotografía e Audiovisual

en Redondela?

Contacta con CAL3 FOTOGRAFÍA & AUDIOVISUAL