





A Ollada dos Cal
«Un libro de sobremesa de coidado deseño e magnífica edición de Alberte Román Losada, responsable tamén da redacción dos excelentes textos biográficos de Saturno e Avelino e das clarificadoras entrevistas con Mundo e Félix, que constitúe outra ollada á memoria visual de Redondela…
Testemuñas fotográficas da vida social e comunitaria redondelá como das transformacións profundas da súa paisaxe urbana ao longo do século XX. Cartóns da memoria dunha vila de raíces campesiñas e mariñeiras, que aproveitando a desembocadura do río Alvedosa formou unha espléndida marisma, máis que ao longo do período crítico do último terzo do século pasado se afastou do mar sen posibilidades ningunhas de retorno.» Manuel Bragado.